Concello de Sanxenxo - A PRAZA DO MAR ACOLLERÁ UNHA MOSTRA ESTE SÁBADO DE 120 COCHES MODELO BMW
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Na exposición participará o BMW 635 csi, de 1985, que participou na serie Fariña


Sanxenxo, 10 de maio de 2024.- A Praza do Mar acollerá o vindeiro sábado a partir das 19 horas unha exposición de 120 coches modelo BMW. Algúns dos modelos son pezas de coleccionista xa que existen moi poucos no mercado e outros, como o BMW 635 csi, de 1985, foron utilizados en series moi populares como a de Fariña.

Os amantes do motor, especialmente os da marca BMW, teñen esta fin de semana unha cita en Sanxenxo onde poderán ver modelos históricos como o BMW M3 Sport Evo, ano 90, BMW 635csi ABC Exclusive, BMW M5 (E28), o Primeiro M da Serie 5 ou xa máis modernos como BMW M3cs, BMW M3 Touring Competition, BMW M4cs, BMW M4csl e BMW X5M Competition.

Esta concentración enmárcase dentro  dunha tradicional cita de propietarios de BMW. O sábado o punto de partida será Lalín para afrontar a primeira ruta ata Ponte Ulla con comida no Pazo de Vista Alegre e logo, ao redor das 19 horas, chegarán a Sanxenxo, ao momento final do encontro, concretamente na Praza do Mar.

0
0
0
s2sdefault