Sanxenxo, 22 de maio de 2024.- Dorrón celebrará esta fin de semana a IV Festa da Orella. Nesta cita o protagonismo centrarase na "orella con cachelos" na carpa situada no exterior da Casa de Cultura.
As primeiras tapas ofreceranse en sesión de mañá e de tarde, e continuarán ata o mediodía do domingo. O menú complétase con churrasco, de tenreira e porco; empanada; luras; bolos preñados, e chourizos. Tamén se servirán bebidas variadas. A comisión de festas de Dorrón, que organiza a cita gastronómica en colaboración co Concello de Sanxenxo, espera un novo éxito. Durante estas xornadas desenvolveranse sorteos sorpresa entre os asistentes.
Tamén se establece unha programación de actuacións musicais con Soalleira na inauguración e o dúo Oro Negro durante a noite do sábado. Ao mediodía do domingo, Son Eventos encargarase de animar o recinto da festa cunha actuación musical.
DORRÓN CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A IV FESTA DA ORELLA

powered by social2s