Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO OBTÉN A SÚA PRIMEIRA "S" DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA E 18 "Q" DE CALIDADE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A entrega de certificacións será o 31 de maio no Parador de Muxía

Sanxenxo, 24 de maio de 2024.- O Concello de Sanxenxo continúa coa súa aposta polas certificacións de calidade e o próximo 31 de maio recollerá no Parador de Muxía a súa primeira "S" de Sustentabilidade Turística 2024 da empresa municipal Nauta, que xestiona o porto deportivo Juan Carlos I, e 18 "Q" de Calidade Turística que ondearán en 16 praias (A Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos e Paxariñas, Area de Agra, Bascuas e O Espiñeiro) e nas oficinas de Nauta e Turismo.

A implantación destas dúas certificacións constitúe un elemento diferenciador que achega un valor engadido ao destino, mellorando a súa imaxe e reputación, así como a súa contribución á contorna sociocultural e ambiental que lle rodea. Ademais, a nivel interno permite mellorar a xestión e eficacia das súas actividades e optimizar os recursos.
Nauta estreará o novo distintivo este verán que se suma á Bandeira Azul, a Q de Calidade e a de Galicia Calidade. Os obxectivos que se marca a empresa municipal que xestiona o porto deportivo no seu plan de sustentabilidade son o control do consumo de auga a través de contadores para reducir a pegada hídrica, reducir as perdas de auga, uso de enerxías renovables e de alta eficiencia, accións divulgativas sobre a contorna mariña, calcular a pegada de carbono e implantar sistemas de xestión ambiental.

0
0
0
s2sdefault