Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA SANXENXO CONCILIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade desenvolverase no colexio da Florida, de 8 a 15 horas, do 1 de xullo ata o 30 de agosto

Sanxenxo, 3 de xuño de 2024.- O Concello de Sanxenxo abre mañá o prazo de inscrición para o programa Sanxenxo Concilia. A actividade desenvolverase no colexio da Florida en horario de 8 a 15 horas, do 1 de xullo ao 30 de agosto. O plan ponse en marcha para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar para nenos de entre 3 e 12 anos. En total ofertaranse 45 prazas, das que se reservan dúas para nenos con necesidades especiais, a un prezo de 40,90 euros por quincena, 81,81 ao mes e 163,64 euros o programa completo.
As modalidades de asistencia serán por quincena, mes ou programa completo.
A entrada poderá realizarse entre as 8 e as 10 horas e a saída ás 13:30 e as 15 horas. Os nenos e nenas que utilicen o servizo de 14 a 15 horas deberán levar comida. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 9 horas ata as 14 horas do 10 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal). Para iso será necesario dispor de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo en horario de 9 a 14 horas.

Sanxenxo Concilia é un programa municipal que vén ampliar a oferta de campamentos e programas que realizan os distintos clubs e colectivos do municipio durante o verán para colaborar na conciliación das familias. A concentración nun mesmo espazo permite ampliar o horario e deseñar un programa de actividades con excursións e diferentes actividades. O programa conta con financiamento do Ministerio de Igualdade e pola Consellería de Política Social.

 [PDF] BASES PROGRAMA CONCILIA SANXENXO 2024

logos

0
0
0
s2sdefault