Operarios municipais instalaron onte a plataforma de aceiro inoxidable no areal onde desemboca o regacho Ferradizo
Sanxenxo, 24 de xullo de 2024.- A praia de Bascuas conta desde onte cunha ducha natural converténdose no único con este servizo no municipio. O Concello habilitou unha plataforma de aceiro inoxidable, aproveitando a desembocadura en pendente do regato Ferradizo no areal. Unha medida ecoeficiente que está a ter unha gran acollida polos usuarios da praia do municipio.
En 2019, Sanxenxo decidiu prescindir das duchas nos areais como unha medida responsable de aforro no consumo de auga e cambialas por lavapiés cun regulador do chorro. Unha acción que permitiu o aforrou de 2,5 millóns de litros de auga.
Bascuas conta con Bandeira Azul desde o 2006 e é un dos areais máis emblemático por ser o único nudista do municipio. Con algo máis de 130 metros de lonxitude por ela transcorre o Carreiro Azul Montalvo-Major e pódense ver a illa de Ons, Punta Faxilda e a illa de Sálvora. Ademais, forma parte da ampla listaxe de areais de Sanxenxo na que ondea a bandeira Praia sen Fume. Un distintivo promove unha vida sen tabaco, desnormaliza o seu consumo na sociedade e aposta polo coidado do medio ambiente.
O CONCELLO HABILITA UNHA DUCHA NATURAL NA PRAIA DE BASCUAS

powered by social2s