A entrada é gratuíta, pero hai límite de aforo, polo que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sanxenxo, 24 de febreiro de 2025.- O Concello de Sanxenxo conmemorará o Día Internacional da Muller o vindeiro 7 de marzo cun xantar e a mesa redonda “Mulleres con voz” no GRAN TALASO HOTEL SANXENXO, ás 10:30 horas. O alcalde, Telmo Martín, será o encargado de abrir o acto, no que a directora de Dombate e Editorial Galaxia, Tamara Andrés, exercerá como moderadora.
Nesta ocasión, desde a Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Paz Lago, quíxose facer partícipes ás asociacións de mulleres rurais do municipio, que achegaron as súas propostas para dar visibilidade a cinco mulleres de Sanxenxo que compartirán as súas traxectorias vitais.
Na mesa participarán Carmen Vázquez Aguín, emprendedora e xerente de pisos en Galicia e Inmobiliaria en Sanxenxo; Paula Piñeiro Camiña, secretaria municipal no Concello de Bueu ata novembro; Marta Martínez Novoa, psicóloga, psicoterapeuta e escritora especialista en violencia de xénero e Muller; Emilia Losada, matrona de Sanxenxo durante 40 anos, e Eva Mejuto, escritora doutorada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
A entrada é gratuíta, pero con límite de aforo, polo que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.