A proxección rematará coa actuación de Portonovo Canta
Sanxenxo, 1 de abril de 2024.- O documental “A última dorna de Ons” do fotógrafo Anxo Cabada e do músico Antón Davila proxéctase este venres, ás 19:30 horas, no Auditorio de Emilia Pardo Bazán, cuxos protagonistas son os habitantes de Ons, e en especial Césareo Patiño, o último mariñeiro que nunca abandonou a illa. Coa última dorna que queda en Ons, Césareo realiza un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron manter unha economía de subsistencia na illa.
O documental sobre o Ons inmaterial, de 30 minutos de duración, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, da Xunta de Galicia, do Plan de Recuperación e Resiliencia e dos fondos Next Generation da UE.
Tras a proxección haberá unha actuación de Portonovo Canta.