Concello de Sanxenxo - SANXENXO VOLVERÁ A ADIANTAR A SEMANA SANTA O BALIZAMENTO EN PANADEIRA, SILGAR, CANELAS, BALTAR E CANELIÑAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello leva semanas realizando a posta a punto dos areais

Sanxenxo, 4 de abril de 2025.- Sanxenxo volverá a adiantar a Semana Santa o balizamento nas praias de Panadeira, Silgar, Baltar, Canelas e Caneliñas. O Concello acordou a medida, por terceiro ano consecutivo, nos areais que tanto pola súa situación como pola afluencia de bañistas son susceptibles desta mellora de seguridade. Non se colocará a sinalización habitual con corcheiras xa que non soportaría as condicións do mar, pero si se delimitará con unha liña de boias amarelas a zona de baño.

Na tempada de verán, o balizamento completo con corcheiras lévase a cabo, entre o 1 de maio e o 1 de xuño, nas praias de Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas, O Espiñeiro e A Lapa. Debe ser retirado antes do 31 de outubro. Ademais, instalaranse e poranse en funcionamento en cada unha das boias, luces LED solares nas praias de Panadeira (5 unidades), Silgar (25 unidades), Baltar (18 unidades) e Caneliñas (7 unidades).

Todas as boias, incluso as instaladas nos canais náuticos e de nado, irán lastradas co seu correspondente morto de formigón, incluíndo a parte proporcional dos elementos de suxeición que sexan necesarios para a súa correcta unión de cada morto coa correspondente boia, así como os contrapesos necesarios para manter a verticalidade das boias.

O Concello continúa coa posta a punto dos areais e coa mellora dos servizos como os accesos e os aseos.

0
0
0
s2sdefault