Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ENCARGA UN PROXECTO PARA A HUMANIZACIÓN DO NÚCLEO RURAL DE MAGALÁNS VALORADO EN 514.044 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Plantexase un incremento do espazo peonil superior ao 50% en convivencia amable cos vehículos.

Sanxenxo, 28 de abril de 2025.- O Concello de Sanxenxo dispón dun proxecto, incluído no marco do programa Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, para a humanización do núcleo rural de Magaláns en Dorrón, valorado en 514.044 euros. O obxectivo é poñer en valor e recuperar o espazo, sendo un dos seus principios os 30 km/h como velocidade máxima para as vías que dispoñan de carrís para vehículos e peóns.

O núcleo está composto por unhas vinte casas e edificacións auxiliares como alpendres, hórreos e muros de pedra que pechan parcelas e definen rúas. No entorno, aínda que fóra do ámbito de actuación, hai un lavadoiro de alto valor patrimonial e lugares de interese turístico. Trátase dun total de 6 rúas con fortes pendentes e con anchos que en moitos casos non chegan aos 3 metros, onde conviven o tráfico peonil e o rodado nunha situación pouco segura. A práctica totalidade das edificacións do ámbito de actuación dispoñen de aparcadoiro propio.

Os viais contemplados no ámbito de actuación propoñen un espazo de convivencia entre peóns e vehículos con limitación de velocidade a 20 km/h, en plataformas únicas, procurando un ancho de vial de 2,50 metros e non inferior a 1,80 metros. Coa actuación conséguese un incremento do espazo peonil superior ao 50% do existente na actualidade. Os espazos gañados para o peón terán unha superficie superior aos 300 m².

Tamén se producirá unha mellora da eficiencia enerxética coa substitución das luminarias actuais por novas luminarias con tecnoloxía LED, así como unha mellora estética e de confort visual do entorno ao eliminarse os tendidos aéreos de electricidade, iluminación e telefonía.

0
0
0
s2sdefault