Sanxenxo, 21 de maio de 2025.- A compañía eléctrica vén de concluír os traballos da primeira fase dos postes da luz na estrada de Arnosa, que consistiron en:
• O soterramento da liña eléctrica e do teléfono nun tramo de 200 metros, o que permitiu suprimir 4 postes da luz
• O retranqueo doutros 5 postes da luz
Estes 9 postes xeraban importantes molestias para vehículos e peóns, polo que o Concello tivo que insistir na execución desta primeira fase, xa que a compañía eléctrica pretendía agardar a dispoñer de todos os permisos para realizar os traballos de forma conxunta.
Queda pendente unha segunda fase para retranquear outros 3 postes na parte final da estrada, que a compañía non puido acometer por estar á espera do permiso de Augas de Galicia, ao afectar ao curso dun regato.
Adxúntanse fotos da zona soterrada, zona retranqueada e postes pendentes.