Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO RECOLLE EN PONTECESO AS SÚAS 19 BANDEIRAS AZUIS EN PRAIAS, PORTO E CENTRO AZUL DE A TELLEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio mantense como líder nacional un ano máis con 17 distintivos en areais

Sanxenxo, 4 de xuño de 2025.- O Concello de Sanxenxo recolleu esta mañá en Ponteceso as súas 17 bandeiras azuis nas praias, a do Juan Carlos I e a do Centro de Interpretación de A Telleira que a acredita como Centro Azul outorgadas pola Adeac. Nun acto na praia de Balarés, presidido polo máximo mandatario galego, Alfonso Rueda, que estivo acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, Sanxenxo volveu revalidar a súa aposta e compromiso coa calidade ambiental e a xestión turística encabezando o ranking de distintivos, aos que se suman os dous do Real Club Náutico de Sanxenxo e do Club Náutico de Portonovo.

A alcaldesa en funcións, Paula Martínez, e o concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, recolleron os distintivos que ondearán este verán no municipio. Sanxenxo mantense un ano máis como líder nacional en bandeiras azuis nas praias e o galardón lucirá en A Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.

A calidade excelente das súas augas e o esforzo económico e de persoal que dedica anualmente o Concello de Sanxenxo ás súas praias rolda os 1,8 millóns de euros. Un investimento que permite mellorar os servizos e garantir a seguridade nas súas praias.

Cómpre lembrar que desde o pasado domingo 1 de xuño un total de 14 socorristas vixían durante as fins de semana, de 12 a 20 horas, as praias con máis afluencia de Sanxenxo: Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. A partir do día 15, os socorristas estarán nestes areais de forma ininterrompida durante todo o verán e a partir do 1 de xullo o servizo estenderase aos outros 13 areais restantes de forma diaria.

0
0
0
s2sdefault