Concello de Sanxenxo - A RETIRADA DO VELLO CÉSPED MARCA O INICIO DA RENOVACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 31 de outubro de 2025.- A empresa Limonta Sport Ibérica iniciou esta semana a retirada do céspede do campo de fútbol de Baltar e a colocación do rego para posteriormente realizar os mesmos traballos no campo de Noalla. Ambos renóvanse pola modalidade de renting cunha duración de 48 meses e un importe total de 627.478 euros procedentes de fondos municipais. “Queremos que os nosos equipos xoguen nas mellores condicións posibles polo que estamos a facer un importante esforzo en todos os nosos equipamentos deportivos”, asegura Marcos Guisasola, concelleiro de Deportes, Xuventude e Voluntariado.

En canto ao novo contrato, o paquete de céspede artificial que se colocará será de última xeración para a práctica de fútbol 11 e fútbol 7. Cubrirá unha superficie total de 103,25 por 62,50 metros no campo de fútbol de Noalla e unha superficie total de 101 por 62 metros no de Baltar. O céspede terá pasado un ensaio en laboratorio homologado do produto e dará cumprimento ás normas FIFA Quality Pro for Football Turf.

En canto ao sistema de rego está prevista a colocación de 12 canóns de impacto emerxente de primeiras marcas cun sistema de rotación de 360 graos. O contrato tamén contempla actuacións complementarias no campo de Noalla como a substitución da barandilla e melloras no peche perimetral.

Nos últimos anos o Concello realizou un importante investimento nas instalacións deportivas como as remodelacións integrais dos pavillóns de Baltar e Vilalonga; o novo campo de fútbol de Dorrón; a renovación do céspede de O Revel ou, recentemente, a mellora de iluminación e bancadas no campo de fútbol de Noalla.

0
0
0
s2sdefault