Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL INVESTIGA UN ABANDONO DE CRÍAS DE GATO NUNHA MALETA DE VIAXE EN PADRIÑÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 31 de abril de 2026.- A Policía Local de Sanxenxo investiga un posible caso de delito de maltrato animal tras a aparición de varias crías de gato mortas nunha maleta de viaxe no lugar de Seixal, Padriñán.

Tras recibir o aviso dun particular, a Policía desprazouse ata a zona comprobando a veracidade do aviso e observando que unha das catro crías de gato movíase de maneira case imperceptible, mostrando moi mal estado físico, e o resto xa estaban mortas. O minino foi trasladado ao veterinario, pero pese aos coidados médicos, o gato faleceu unhas horas despois.

A Policía Local continúa coas pesquisas para dar co autor, que podería ser responsable dun delito de maltrato animal con resultado de morte, agravado polo ensañamento ou a crueldade, tipificado no Código Penal, artigo 340 ter. Así mesmo, recóllese como infracción grave na Lei de Benestar Animal, castigada con multas de 10.001 a 50.000 euros.

0
0
0
s2sdefault