Concello de Sanxenxo - O PAVILLÓN DE NANTES ACOLLE O MÁSTER DE SANXENXO INFINITY FUTBOLÍN CON CASE 4.000 EUROS EN PREMIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os mozos e mozas do municipio, de entre 8 e 16 anos, poderán participar de forma gratuíta no torneo

Sanxenxo, 28 de agosto de 2026.- O pavillón municipal de Nantes acollerá esta fin de semana o Máster de Sanxenxo Infinity con case 4.000 euros en premios. O concelleiro, Marcos Guisasola, presentou esta mañá a proba.

O campionato disputarase baixo dúas modalidades distribuídas en dúas xornadas:

  • Venres, 4 de setembro: Torneo Cego.

  • Sábado, 5 de setembro: Torneo Movemento.

Os premios en metálico, 3.895 euros, combinaranse con trofeos e medallas para os oito mellores clasificados de cada nivel, incentivando a participación de xogadores en todos os rangos:

  • Categoría Top: Con premios que van desde os 1.000 € e trofeo para a parella campioa ata os 100 € e medalla para os clasificados do 5º ao 8º posto.

  • Categoría Ouro: Un primeiro premio de 300 € e trofeo, con recompensas de 50 € e medalla ata a oitava posición.

  • Categoría Prata: Deseñada para potenciar a competición amateur, ofrece 250 € e trofeo para os gañadores e contías de 30 € con medalla para os postos do 5º ao 8º.

O prezo da inscrición é de 20 € por xogador. Os mozos e mozas, de entre 8 e 16 anos, empadroados no municipio, poderán participar o 4 de setembro de forma gratuíta no torneo, de 16:00 a 20:00 horas.

O proceso de inscrición está aberto con 42 parellas anotadas. As persoas interesadas deberán formalizar a súa praza directamente a través do Delegado Infinity ou mediante os teléfonos de contacto oficiais habilitados para o evento: 686 80 86 53 / 654 33 37 85.

0
0
0
s2sdefault