Concello de Sanxenxo - AS DÚAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO TOMBO E O REVEL INICIAN O CURSO ESCOLAR CON 94 NENOS E NENAS MATRICULADOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Educación, Nati Parada, visitou esta mañá os dous centros para dar a benvida ao alumnado e ao equipo docente

Sanxenxo, 1 de setembro de 2026.- Sanxenxo iniciou esta mañá o curso nas dúas escolas infantís municipais, a do Tombo e O Revel, cun total de 94 nenos e nenas matriculados. A concelleira de Educación, Nati Parada, visitou esta mañá os dous centros para dar a benvida ao alumnado e ao equipo docente. “Estamos moi orgullosos de contar con dúas escolas infantís e poder atender a 94 familias do noso municipio”, asegura Parada.

Nestes momentos aínda existen prazas dispoñibles en ambas as escolas. Nas aulas de 0-1 anos, quedan aínda 5 prazas dispoñibles; nas de 1-2 anos e 2-3 anos, hai posibilidade de acceso en caso de cambio de domicilio ou cambio da situación sociolaboral.

As dúas escolas infantís son gratuítas para todas as familias grazas ao financiamento da Xunta e do propio Concello. Ambos os centros teñen un custo anual de 771.000 euros, dos que o Goberno galego achega 127.000 euros e o resto, 645.000 euros, é financiado con fondos municipais.

0
0
0
s2sdefault