Concello de Sanxenxo - A HUMANIZACION DA PO-308 ENTRA NA SÚA RECTA FINAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O viario humanizado vertebra o municipio ao longo de case 18 quilómetros desde A Granxa até A Lanzada

Camiñar desde A Lanzada até Portonovo de forma ininterrompida e segura é xa unha realidade. A Consellería de Infraestruturas ultima os detalles dos dous tramos en obras da PO-308, A Granxa - Nanín e Portonovo - Major. Unhas obras que se viron afectadas o parón obrigado e a falta de subministracións que provocou o Covid.

Estes dous tramos máis o que vai de Major á Lanzada permitiu converter unha estrada convencional nun viario humanizado, un bulevar ao longo de case 18 quilómetros cun investimento que supera os 12 millóns de euros. A pesar de que se prevé que os traballos conclúan nas próximas semanas, a falta de pequenos remates e sinalización vertical, son xa moitas as persoas que utilizan esta senda para os seus desprazamentos e paseos para gozar do litoral do municipio diariamente.

O tramo Portonovo a Major de 4.960 metros inclúe unha senda en ambos os lados, con tramos de pasarela de madeira na curva de Paxariñas e á altura da praia de Montalvo, a mellora das interseccións de acceso ás praias de Canelas e Montalvo, coa execución de novas glorietas, que habilitan cambios de sentido. Tamén se ampliaron as paradas de autobús para que os vehículos non teñan que parar na estrada interferindo na circulación, e instaláronse sistemas de recollida de augas e canalizacións que permitan, nun futuro, a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

A piques de terminar tamén se atopa a actuación do tramo entre Areas e Nanín que xa contaba con beirarrúas. O proxecto que supuxo un investimento de 420.000 euros inclúe o asfaltado e pintado do tramo, unha rotonda de acceso á praia de Areas, un dos puntos negros de tráfico na zona, así como a mellora da seguridade viaria nas interseccións e a accesibilidade ás paradas de bus. Nesta obra tamén faltan pequenos remates como o pintado e a sinalización.

0
0
0
s2sdefault