Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REALIZA MELLORAS E OBRAS DE MANTEMENTO NAS CASAS DE CULTURA MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Pintura, traballos de carpintaría e renovación do mobiliario son algunhas das actuacións previstas nas casas de cultura municipais. O paso do tempo e o uso das instalacións por parte de numerosos colectivos fan necesarios traballos de posta a punto. A Concellaría de Cultura dirixida por Paz Lago comezou xa hai unha semana coa substitución das mesas e cadeiras do salón de Usos Múltiples de Vilalonga e continuará nas próximas semanas co pintado e actuacións na carpintaría nos edificios sociais de Dorrón, Adina e Bordóns.

O orzamento destinado a estas actuacións rolda os 10.000 euros e a intención do goberno é continuar realizando estes traballos no resto de edificios municipais sociais para mellorar as condicións de uso.

0
0
0
s2sdefault