Os interesados en participar deberán anotarse no teléfono 986 744 909 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sanxenxo, 25 de xuño de 2024.- Espina & Delfín e o Concello de Sanxenxo organizan o sábado, 6 de xullo, unha xornada voluntaria de limpeza na senda fluvial do río Pintillón (Dorrón), entre as 10 e as 13 horas. O obxectivo desta actividade, ademais da limpeza, é retirar unha planta clasificada como especie exótica invasora, a Tradescantia fluminensis.
As persoas que estean interesadas en participar poden anotarse na Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo, a través do teléfono 986 744 909 ou o email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Durante o percorrido, estarán acompañadas de dous expertos no medio ambiente que axudarán a identificar a planta invasora para poder retirala. Os organizadores proporcionarán todo o material necesario para a limpeza. Recoméndase levar roupa adecuada.
Esta acción está englobada nas actividades ambientais que Espina & Delfín levará a cabo en Sanxenxo dentro do contrato do servizo municipal da auga. A primeira actividade foi o concurso de debuxo onde se escolleu á mascota da auga e que se utiliza como logo nas distintas accións educativas de medio ambiente.