Concello de Sanxenxo - A RADIOLONGA DO IES VILALONGA ENTREVISTA A USUARIOS DO CENTRO DE DÍA MUNICIPAL VIRXE DO CARME
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A gravación dun podcast da asignatura de Proxecto Competencial converteu esta mañá unha das salas do edificio nun estudo de radio.

Sanxenxo, 3 de marzo de 2026.- Un podcast no que se fala con testemuñas presenciais da posguerra e con protagonistas da emigración en Sanxenxo, así como para coñecer a percepción das novas tecnoloxías polos maiores do municipio. Este é o obxectivo do proxecto posto en marcha polo alumnado de Proxecto Competencial do IES de Vilalonga, dirixido pola súa profesora Fátima Barreiro, que levou esta mañá a converter unha das salas do Centro de Día Virxe do Carme nun improvisado estudo de radio. “Aproveitando que temos Radiolonga no instituto, quixemos levar distintas temáticas á radio con iniciativas como esta, na que se abren e escoitan experiencias de persoas que teñen moito que contar”, apuntou Fátima Barreiro.

Trátase dunha iniciativa que contou coa visita do alcalde, Telmo Martín, e das concelleiras de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, e de Educación, Nati Parada, e que sentou nas cadeiras dos entrevistados a veciños e veciñas das distintas parroquias do municipio: Victoria Piñeiro Padín, Dolores Rodríguez Dadín, Marcial Vilar Costas, Amantina Pérez Oubiña, Carmen González Outón, Sara Sabaris Gradailla, Ramón Rodríguez Carballo, Alcira Méndez García, Digna Moldes García e Josefa Gómez Agís.

0
0
0
s2sdefault