Concello de Sanxenxo - AS OBRAS DO NOVO MERCADO ARRANCAN COS PRIMEIROS TRABALLOS DE REPLANTEO E ACOPIO DE MATERIAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Está previsto que a obra de construción comece a próxima semana

Sanxenxo, 2 de setembro de 2026.- Os traballos de replanteo e o acopio de materiais marcan o inicio das obras do novo mercado de Sanxenxo. A empresa adxudicataria, Oreco Balgón, realizará a obra por 5,3 millóns de euros nun prazo de 11 meses.

A intervención supón a culminación dun proxecto concibido para revitalizar esta zona do casco urbano, ampliando o eixe comercial de Sanxenxo cara á Rúa Madrid e xerando un novo espazo de encontro para veciños e visitantes.

Esta segunda e última fase toma a remuda dunha primeira actuación xa executada, na que se soterrou o tráfico mediante un paso inferior que deixou preparada a infraestrutura para un futuro aparcadoiro público de 32 prazas, ademais dos accesos ao mercado e ás plantas superiores.

O edificio contará coas seguintes plantas:

· Un soto de 1.447 m², distribuídos en accesos rodados, aparcadoiro, almacéns e salas de máquinas.

· Unha planta baixa de 494 m² e un altillo de 324 m² que acollerá o mercado de abastos.

· A primeira planta (541 m²) acollerá as dependencias municipais.

· A segunda e terceira plantas (1.082 m²) albergarán a biblioteca e a sala de estudos.

· Baixo cuberta, cun espazo de terraza (319 m²), onde se contará cun espazo de restauración.

Un dos elementos característicos da proposta gañadora do concurso de ideas, “Los Lunes al Sol”, asinada polo arquitecto catalán Tony Bosch, son as súas tres fachadas acristaladas. Co obxectivo de que o edificio cumpra con todos os parámetros de eficiencia enerxética e climatización interior, colocaranse 116 paneis fotovoltaicos. Deste xeito, instalarase un sistema de ventilación e climatización por aerotermia con bombas de calor independentes por planta.

0
0
0
s2sdefault