Concello de Sanxenxo - Historia e escudo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Coñece Sanxenxo

Os numerosos restos atopados de poboados de cultura castrexa, de elementos romanos e a gran necrópole da zona da Lanzada confirman a existencia de poboación humana en Sanxenxo 4.000 anos a. C. Os promontorios da costa servían como fortalezas naturais para a poboación existente. Entre eles destaca A Lanzada, que ata a Idade Media era un dos principais enclaves para defenderse das invasións de normandos e sarracenos.

O sal ocupa un lugar importante na historia de Sanxenxo. En Noalla, os fenicios atoparon as condicións naturais para crear os grandes depósitos onde salgaban o peixe que logo transportaban a calquera punto do Mediterráneo. A importancia destas salinas chega ata o século XVIII e explica o alto índice de poboación que tivo esta zona na antigüidade.

Os primeiros contactos da poboación indíxena cos romanos corresponden á expedición de Publio Craso no século II a. C. Posteriormente, foi o propio Julio César quen percorre as rías galegas e establece relación cos indíxenas “ castrexos".

Entre os séculos V e X, Sanxenxo padeceu constantes ataques e saqueos de vándalos, normandos e musulmáns. No ano 952, o Bispo Sisnando II ordena a construción da fortaleza da Lanzada, que formaba parte da defensa marítima de Santiago de Compostela xunto coas torres de Catoira e Cambados.

Durante os séculos XI e XII, os sarracenos saquearon a costa causando graves danos ao comercio marítimo. Ata que o bispo compostelán Diego Gelmírez ordena a construción de galeras tripuladas por dous centenares de homes que logran expulsar ás naves sarracenas. A finais do século XV, no medio das loitas entre a alta nobreza por unha banda e o clero e o pobo por outro, coñecida como a loita dos Irmandiños, a fortaleza da Lanzada é destruída.

Durante os séculos XV, XVI e XVII, a pesca e a agricultura convértense nas principais actividades económicas. Sanxenxo pasa das guerras feudais aos enfrontamentos económicos polos dereitos sobre a pesca e as súas distintas artes. Xorden disputas entre os mareantes de Pontevedra e Combarro por unha banda, e os de Sanxenxo e Portonovo por outro.

O desastre da Armada Invencible volve deixar as costas galegas a mercé de piratas como o inglés Francis Drake que, a finais do século XVI, saquea numerosas poboacións. Máis tarde, son os piratas turcos quen interrompe o comercio co Levante español.

No século XVIII, a xurisdición da Lanzada presenta unha alta densidade de poboación: 67 habitantes por km2 en comparación cos 15 de media no resto de España. A pesca e a agricultura seguen sendo as principais actividades económicas. A alianza franco-española terá graves consecuencias para a costa de Galicia, que ata a firma da paz con Inglaterra en 1778 foi obxecto de constantes ataques dos navíos ingleses.

No século XIX, a industria do salgadura, introducida polos cataláns para mediados do século XVIII, modernízase para poder competir no comercio nacional. Esta industria vese prexudicada polo diezmo que esixía a Mitra Compostelá. Afortunadamente para a economía galega, non tardou en chegar a rebeldía contra o pago deste imposto. En 1835 constitúese o concello de Sanxenxo que inclúe, ademais do termo actual, o de concellos como Meaño e O Grove.

Nos inicios do século XX, Sanxenxo empeza a destacar polas súas calidades naturais, converténdose en lugar de veraneo de políticos e outros personaxes de relevo social chegando a ser un dos principais destinos turísticos de Galicia.

Historia

 

ESCUDO E BANDEIRA

A Xunta de Galicia o 14 de Xullo do 2000, informou favorablemente a proposta de Rehabilitación do escudo heráldico e a creación da bandeira do Concello de Sanxenxo tras o estudo levado a cabo polo funcionario D. Victoriano Andrés Otero Iglesias.

 

O escudo

O moble heráldico "Brazo de guerreiro con lanza" ten a súa inspiración na Fortaleza e Xurisdición da Lanzada, da que a vila de Sanxenxo era a máis importante e rexentaba a súa capitalidade. Cando no ano 1836 fórmanse os concellos de Nova Planta na provincia de Pontevedra, á hora de elixir o selo municipal para estampar nos documentos oficiais, Sanxenxo elixe as armas afíns á Xurisdición da Lanzada.

 

La Bandeira

A bandeira de Sanxenxo está conformada por nove franxas amarelas e nove franxas azuis. As nove franxas amarelas representan ás nove parroquias que conformaban o municipio, as 7 actuais e Arra e Gondar. Mentres que as nove franxas de cor azul simbolizan as nove ondas da lenda e o rito de fertilidade do mar da Lanzada. Á súa vez tamén supón un tributo ao mar que baña a costa municipal. Igualmente incorpora el moble armeiro á bandeira co mesmo criterio histórico apuntado para o escudo.

Bandera

 

Imaxe corporativa

O Concello de Sanxenxo, por acordo plenario decidiu implantar unha nova imaxe para conseguir unha comunicación máis fluída e directa entre a institución e a cidadanía.

A nova imaxe presenta unha nova aplicación modernizada do escudo, cores corporativas fixas e os logotipos.

Os signos básicos de identidade visual do Concello de Sanxenxo pasan a ser o símbolo (simplificación do escudo histórico de Sanxenxo), os diferentes logotipos (denominación da institución), a cor destes signos e a tipografía específica con que se compoñen os textos dos diversos soportes de comunicación