Concello de Sanxenxo - Adina
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Parroquias

Superficie: 10,5 km²

Número de habitantes: 5.151

Santa María Adina é a parroquia con maior extensión e poboación. Limita coas parroquias de Noalla, Vilalonga e Padriñán e coa Ría de Pontevedra.

Entre os seus núcleos de poboación destaca a vila mariñeira de Portonovo, o núcleo máis poboado do municipio que tradicionalmente viviu da pesca, cun gremio de mareantes de especial relevancia durante a Idade Media.

Hoxe en día a pesca viuse superada pola actividade turística. A Confraría de Pescadores, inaugurada no ano 1924 (por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), conta cunha das lonxas máis punteiras de Galicia e un porto pesqueiro con todos os servizos.

Outros núcleos de poboación da Adina son:

Arra, Baltar, Barbeito, A Barrosa, Canelas, Catadoiro, Fabal, Forxán, Iglesia, Montalvo, Paxariñas, O Pombal, Outeiro, Rial, Torre, Vinquiño, Vistalegre, Xesteiriña. 

A beleza desta parroquia reflíctese na súa costa con praias tan atractivas como Canelas e Montalvo e miradoiros marítimos como Punta Cabicastro ou Punta Seame. Beleza que tamén se reflicte nos vales do interior da parroquia, en lugares como A Barrosa ou Catadoiro.