Concello de Sanxenxo - Educación de Adultos-Redución do abandono escolar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Educación

O programa para a redución do abandono escolar e educación de adultos engloba as seguintes actividades formativas:

  • Curso de Organización e Planificación do Traballo Escolar
  • Preparación para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para persoas adultas (1º Ciclo da ESO).
  • Preparación para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para persoas adultas (2º Ciclo da ESO).
  • Preparación Proba de Acceso a Ciclo Medio.
  • Preparación Probas Libres do Graduado en ESO.

 

CURSO DE ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO TRABALLO ESCOLAR

Ten como finalidade suplir carencias de aprendizaxe e motivación nos rapaces e rapazas do noso entorno así como previr o abandono e fracaso escolar, trátase de dotar ós rapaces e rapazas de ferramentas

eficaces para o seu estudo.

  • Destinatarios: alumnos entre 16 e 24 anos.
  • Período de matriculación: decembro.
  • Duración: de xaneiro a maio.
  • Horario de clases: de 18.00 a 20.00 horas os martes e venres lectivos.
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Portonovo. R/ Areal s/n – 36970 Portonovo

 

PREPARACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (1º e 2º CICLO)

O obxectivo é favorecer a promoción persoal, social e laboral, a través da obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.

  • Destinatarios: alumnos de máis de 16 anos.
  • Período de matriculación: segunda quincena de setembro.
  • Duración: de outubro a setembro.
  • Horario de clases: de luns a venres de 20.00 a 23.00 horas.
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Portonovo. R/ Areal s/n – 36970 Portonovo

 

PREPARACIÓN PARA AS PROBAS LIBRES DE GRADUADO EN ESO

O obxectivo fundamental é que os alumnos e alumnas acaden os coñecementos necesarios e as competencias básicas para acadar a titulación de Graduado en ESO.

  • Destinatarios: alumnos de máis de 18 anos.
  • Período de matriculación: decembro-xaneiro (convocatoria de maio) e maio-xuño (convocatoria de setembro).
  • Duración: de xaneiro a setembro.
  • Horario de clases: luns, mércores e xoves de 18.00 a 20.00 horas (convocatoria de maio) e de luns a xoves de 21.00 a 24.00 horas (convocatoria de setembro).
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Portonovo. R/ Areal s/n – 36970 Portonovo

 

PREPARACIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO

Os obxectivos xerais da actividade son:

  • Preparar aos alumnos para a superación de ditas probas de acceso.
  • Dotarlles dos coñecementos e habilidades necesarias para cursar as ensinanzas profesionais de grao medio.
  • Destinatarios: alumnos de máis de 17 anos.
  • Período de matriculación: Decembro-xaneiro.
  • Duración: de xaneiro a maio.
  • Horario de clases: luns, mércores e xoves de 18.00 a 20.00 horas.
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Portonovo. R/ Areal s/n – 36970 Portonovo

 

DATOS DE CONTACTO

  • Edificio de Usos Múltiples de Portonovo. R/ Areal s/n – 36970 Portonovo
  • Teléfono: 986 727 936 (mañá)
  • Fax: 986 727 910
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • https://www.facebook.com/groups/117261395025733 
  • https://www.facebook.com/pages/Graduado-en-ESO-Concello-de-Sanxenxo/263219130422194 
Graduado en eso 2023