O corpo da Policía Municipal de Sanxenxo traballa pola seguridade da veciñanza do municipio. Para iso, a Polícia Local de Sanxenxo conta con 24 axentes en persoal, dirixidos por tres oficiais e un Inspector Xefe. Durante a tempada estival refórzase con axentes auxiliares para poder dar un servizo de calidade tanto aos veciños de Sanxenxo como aos moitos visitantes que recibe o municipo no verán. En 2015 foron 24 os auxiliares que reforzaron o persoal da Policía Local. Cada ano foise aumentando o número de contratos na tempada alta, ata chegar aos 43 auxiliares no 2018.
Servizos que prestan
- Protexer ás autoridades da Corporación Local e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións.
- Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no municipio, de acordo co establecido nas normas de circulación.
- Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do municipio.
- Policía Administrativa no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais, dentro do ámbito da súa competencia.
- Participar nas funcións de Policía Xudicial, na forma establecida.
- Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública.
- Realizar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos.
- Vixiar os espazos públicos e colaborar con outros corpos policiais en materia de Orde Pública cando sexan requiridos para iso.
- Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para iso.
- Servizo de Atención a Vítimas de Violencia de Xénero.
- Atención personalizada á cidadanía tanto telefónica como presencial nas comisarías e na vía pública.
- Policía Urbanística.
- Policía Medioambiental.
Servizo local de xestión de emerxencias
O servizo municipal de protección civil constituíuse en 1994 dando á poboación do municipio un servizo para cubrir as emerxencias, por aquel entón voluntario. Desde ese ano o servizo evolucionou ata converterse nun servizo completamente profesionalizado integrado por un persoal de persoas preparadas e equipadas para xestionar todas as emerxencias que poidan ocorrer dentro do noso termo municipal.
Na actualidade temos dous servizos, un de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e outro só na tempada estival de Salvamento e Socorrismo nas Praias.
Coa entrada en vigor da nova Lei de Emerxencias de Galicia, o noso servizo pasará a denominarse “Servizo Local de Xestión de Emerxencias”.
O noso reto final é motivar e promover entre a cidadanía medidas de autoprotección porque entendemos que a prevención é a mellor arma para mitigar os danos que poidan causar calquera emerxencia nas persoas, bens e medio ambiente.
Para iso estamos implicados/as nunha etapa de planificación e mellora da calidade do servizo que levará asociada unhas campañas de información para a autoprotección da cidadanía. Doutra banda, dentro da planificación realizamos unha análise dos riscos que poidan existir no noso termo municipal para poñer medios co fin de controlalos e previr desta forma incidentes que afecten ás persoas e aos seus bens. O noso servizo está aberto a toda a veciñanza e visitantes para que poidan coñecer ou asesorarse de todas as actividades que desenvolvemos e imos implantar a curto prazo en materia de prevención que entendemos é a nosa mellor aliada para evitar as emerxencias.