Concello de Sanxenxo - I CAMPUS MUSICAL DE VERÁN “VILA DE SANXENXO” 2025
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Educación

Unha proposta temática diferenciada, enfocada á música, pero sen deixar de lado o carácter lúdico propio das escolas de verán. A través da creación colectiva, o movemento, a voz, a percusión e outros recursos musicais, traballaremos as capacidades musicais do alumnado. Trátase de obradoiros que combinan o xogo e a música, que lle permitirán achegarse á práctica grupal dunha maneira amena e divertida. As actividades do Campus están deseñadas para fomentar o compañeirismo e o traballo en equipo. Desde o primeiro día, proporemos obxectivos comúns, como os talleres corais, onde cada quen achegará as súas mellores calidades. Tamén haberá tempo para xogos tradicionais e actividades deportivas, onde o esforzo individual se verá recompensado no equipo.