Concello de Sanxenxo - Departamento de deportes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Deportes e Xuventude

O Concello de Sanxenxo xestiona actividades deportivas de forma directa, a través do departamento municipal de Deportes.

O departamento municipal de Deportes ten como misión promover e facilitar o acceso á práctica deportiva de todo a cidadanía do municipio.

Para levala a cabo, desenvolve as seguintes funcións:

  • Promover a creación de instalacións deportivas.
  • Xestionar convintemente as instalacións existentes.
  • Xestionar a Oferta Deportiva Municipal: cesión de instalacións, abonados e actividades.

Igualmente o Concello achega subvencións e diversos tipos de axuda aos clubs e asociacións locais para fomentar as súas iniciativas e a práctica das distintas disciplinas deportivas.

As accións municipais para promover o ensino público e as actividades deportivas constitúen un dos compromisos básicos que ten adquiridos o equipo de goberno.

INFORMACIÓN XERAL

As persoas que desexen participar nas actividades deportivas que pon en marcha o Concello de Sanxenxo deben ler esta información.

  1. Antes de realizar a matrícula comprobe os horarios das actividades e a súa compatibilidade.
  2. O boletín de inscrición é válido para un só alumno e para máis dunha actividade.
  3. Ningún alumno poderá participar nas Escolas Municipais sen inscrición previa.
  4. As seguintes actividades terán limite de prazas a cubrir por rigorosa orde de inscrición: aeróbic, xadrez, atletismo, baloncesto, fútbol sala, surf- bodyboard, taekwondo, tenis, voleibol e salvamento.
  5. Entrega das inscricións: os centros escolares antes do 22 de setembro.
  6. O período de inscrición quedará aberto todo o ano.
  7. Inicio das actividades das Escolas Municipais: Será o 2 de outubro.
  8. Transporte: todas as actividades teñen servizo de transporte fóra de Piragüismo, Surf- Bodyboard e Vela.
  9. Cota de inscrición:
    • Todas as actividades teñen cota de inscrición.
    • O pago da cota de inscrición das actividades con cota mensual (predeporte e multideporte, tenis e natación) efectuarase a través de domiciliación bancaria no mes de decembro.
    • O pago da cota de inscrición do resto das Escolas deberase efectuar en Caixanova antes do 31 de decembro de 2018. Entregarase o xustificante de pago no Pazo Emilia Pardo Bazán.
    • Caixanova, Nº conta 2080 0061 56 004001079
    • Están exentas de pago da cota de inscrición as familias numerosas de categoría especial. Deberase entregar a fotocopia do título.
    • Tamén estarán exentas de pago aquelas familias que teñan un informe favorable da asistenta social municipal.
    • As familias numerosas de categoría xeral teñen un desconto do 50 %. Deberase entregar fotocopia do título.
    • A cota de inscrición non se reembolsará no caso de abandonar a actividade.
  10. Cotas mensuais:
    • Para as actividades que teñen cota mensual, faranse a través de domiciliación bancaria
    • Están exentas de taxas ás familias numerosas de categoría especial (deberase entregar fotocopia do título).
    • Tamén estarán exentas de pago aquelas familias que teñan un informe favorable da asistenta social municipal.
    • Desconto do 50% ás familias numerosas de categoría xeral (deberase entregar fotocopia do título).
    • Ás familias con dous fillos inscritos nas Escolas Municipais aplicaráselles un desconto do 25% a cada un deles nas cotas mensuais.
    • Os usuarios non empadroados no Concello terán un incremento do 50%.
  11. Para máis información ante calqueira dúbida:

  

Departamento de Deportes no Pazo Emilia Pardo Bazán

Enderezo: Rúa Miraflores, 26A, 36960 Sanxenxo.

Telf.: 986 727 936

Fax: 986 727 910

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.