O Concello de Sanxenxo ten tres anos de experiencia como Centro Asociado ao Servizo Público de Emprego de Galicia, sendo a súa evolución crecente tanto no número de curriculums de persoas demandantes de emprego como de ofertas de traballo.
Preténdese ofrecer á veciñanza do municipio un servizo integrado de todos os servizos en materia de emprego, cuestión prioritaria para o noso concello.
Para iso, é necesario manter unha acción concertada e continua para loitar contra o desemprego, que permita a colocación das persoas demandantes de emprego da nosa contorna e conseguindo unha mellora progresiva do noso mercado laboral. Esta obterase actuando sobre o mercado de traballo. Para iso o servizo municipal de Emprego do Concello de Sanxenxo coa finalidade de conseguir o pleno emprego e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no acceso ao mercado laboral, forma parte dos centros colaboradores do Servizo Público de Emprego de Galicia, favorecendo a implantación territorial do SPE en Galicia, e realizando funcións de:
- Información e asesoramento na procura de emprego.
- Información profesional.
- Itinerario de inserción laboral.
- Procura activa de emprego.
- Tratamento de demandas de emprego.
- Captación e tratamento de ofertas de emprego.
- Renovación da demanda de emprego.
- Apoio á intermediación entre a oferta e a demanda.
- Actualizar e activar o currículo vitae de cada demandante.
Atopámonos na primeira planta do Edificio do Concello, pasa a visitarnos e axudarémosche.
Contacto
Elena Sutil Barbosa - ORIENTADORA LABORAL (SGC)
Concello de Sanxenxo
Rúa Madrid Nº 1, 36960-Sanxenxo
TEL:986.720.075 / FAX:986.721.022
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.