Concello de Sanxenxo - Ofertas de Emprego Privado
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Emprego e Cursos

Os servizos municipais de emprego establecen unha dobre canle de comunicación entre a oferta e a demanda. Por unha banda permite que todas aquelas persoas que depositen o seu currículo vitae poidan optar aos postos de traballo ofertados polas empresas da nosa contorna.

E doutra banda, ofrecemos a posibilidade aos empresarios da zona o poder acudir ás nosas oficinas e solicitar o persoal que necesitan para o seu negocio, poñéndose en contacto con todas aquelas persoas que depositasen ou elaborasen o seu currículo vitae nas nosas oficinas e que se adapten ao perfil solicitado polo empresario, así como dar a máxima difusión da oferta de emprego polos medios que dispoñemos.

Todas as semanas neste apartado colgaremos as ofertas de traballo no noso Concello actualizadas:

Se che interesa poñer un anuncio para atopar un traballador diríxete ao Concello na primeira planta da casa consistorial ou por teléfono no 986 720 075 e nós publicarémolas.

Ademais, achegamos outros boletíns:

 

Desde o seguinte link FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA BOLSA DE EMPREGO pódese descargar o formulario para aqueles usuarios que se queiran inscribir na bolsa de emprego do Concello de Sanxenxo. Unha vez descargado e enchido, envíao a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.