Concello de Sanxenxo - Punto de información ambiental municipal
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Mediomabiente

Desde a oficina de medio ambiente do Concello de Sanxenxo aténdense todas as solicitudes de información en temas relacionados co medio ambiente que os cidadáns nos formulan.

Con este servizo tratamos de dotar aos cidadáns das seguintes prestacións:

  • Orientar e asesorar ao cidadán en relación ás demandas que formulen.
  • Facilitar aos cidadáns a presentación de Suxestións e Reclamacións, proporcionándolles os impresos correspondentes.
  • Axudar aos cidadáns para cubrir os impresos que presenten.

Con este servizo o Concello dá cumprimento a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso a información, de participación pública e de acceso a xustiza en materia de medio ambiente.

As modalidades de acceso a información son as seguintes:

  • No fax 986746657.
  • Atención presencial ao público de luns a venres en horario de 8:00-15:00 horas como punto de información ambiental do municipio, en Vilalonga, na rúa Cruceiro nº43, baixo.
  • A través do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.