A OMIC DE SANXENXO DEFENDE OS TEUS DEREITOS
Quen somos
A OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor) é un servizo dependente do Concello encargado de informar, asesorar e formar aos consumidores/as en todos aqueles temas relacionados co consumo e a utilización de servizos para toda a veciñanza de Sanxenxo.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) axuda aos consumidores/as e persoas usuarias a coñecer os seus dereitos e defendelos.
Que facemos
- Ofrecemos información, axuda e orientación aos consumidores/as.
- Encargámonos da recepción e envío ao Servizo de Consumo de Pontevedra, dependente da Consellería de Economía e Industria, das reclamacións que se presenten directamente polo consumidor/a, para a tramitación das mesmas.
- Fomentamos a educación e formación dos consumidores/as.
- Colaboramos con outras entidades públicas e privadas, tamén dedicadas á protección dos consumidores/as.
- Remitimos aos distintos organismos, aquelas reclamacións nas que non se alcanzou un acordo mediador.
Utiliza la OMIC para:
- Pedir información e orientación.
- Facer unha reclamación.
- Solicitar información sobre cursos, charlas, campañas divulgativas, publicacións.
- Promocionar ideas e suxestións.
Para calquera destes trámites podes vir persoalmente á Oficina do Consumidor situada na planta 3 do edificio consistorial no enderezo Rúa de Madrid Nº1.
Teléfono: 986 720 075.
Tamén podes utilizar o correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.