Concello de Sanxenxo - Programas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Servizos sociais

  • Enderezo: R/ Rafael Picó, nº 2 – 36970 Portonovo.
  • Tlfno.: (Información e cita previa): 986.72.79.01
  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
  • Horario de atención ao público: de Luns a Venres de 9.00 a 14:00 horas.

 

PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO

  • Dirixido a toda a poboación.
  • O seu obxectivo é informar á cidadanía sobre os distintos recursos, prestacións e dereitos en materia de servizos sociais, así como a valoración de situacións problemáticas, a súa orientación encamiñada a solución e asesoramento.
  • Derivación e coordinación cos servizos sociais especializados.

 

PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR

  • Trátase dun programa de orientación, apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilitar a integración do núcleo familiar na comunidade.
  • A intervención realízase a través de diversas áreas:
    • Convivencia familiar.
    • Educación para a saúde.
    • Organización e economía familiar.
    • Habilidades Sociais.
    • Búsqueda de emprego.
    • Coordinación con outros servizos e organismos.

 

PROGRAMA NA ÁREA DE DISCAPACIDADES

  • Información e asesoramento das axudas, recursos e prestacións para persoas con discapacidade e axudas á dependencia.
  • Proxectos individualizados de búsqueda de emprego, habilidades sociais básicas.
  • Eliminación de barreiras arquitectónicas nas áreas e instalacións públicas.
  • Tramitación de Tarxetas de Estacionamento para persoas con discapacidade con graves limitacións de mobilidade.
  • Actividade física adaptada para persoas con discapacidade. (Grupo de piscina terapéutica, grupo de fibromialxia, ...)