Despois da boa acollida do ano pasado, o Nadal 2019 vai contar de novo coa presenza do Trasno Fantástico, como personaxe encargada de levar o Nadal ós máis cativos e non tan cativos .
Os centros e escolas infantís van a poder desfrutar dunha actividade dirixida alumnado de Educación Infantil (0-3 e 3-5) y 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Con esta iniciativa queremos manter a ilusión da maxia do Nadal nos máis pequenos do concello.
Desde hoxe, “Duendes embaixadores” visitarán cada centro e deixaranlles un novo agasallo para que poidan desfrutar cos seus compañeiros e familias. Posteriormente, e antes das vacacións de Nadal, será o propio Trasno o que visite os centros educativos para xa ir creando máis expectativa entorno a esta época do ano pero tamén sobre as actividades programadas para eles.
O ano pasado, o propio Trasno agasallou a cada centro co seu conto e este ano o agasallo será un CD de panxoliñas, algunha delas orixinal e inédita, para que o son do Nadal estea presente nos fogares de Sanxenxo.
O Trasno Fantástico tamén visitará o Centro de Día o día 20 de decembro e fará que os usuarios sorrían en desfruten como si foran pequenos.