Estará aberto do 15 ao 24 de setembro
Todas aquelas persoas que fixeron a reserva de praza no mes de xuño deberán agora confirmar a matrícula. Así mesmo, poderase coñecer o horario das materias grupais dos nenos/as chamando ao Pazo Emilia Pardo Bazán de 8,30 a 14,30 h.
Por outra banda, aquelas persoas que non realizaron a reserva de praza no mes de xuño poderán facela no mesmo prazo habilitado para a matrícula quedando a expensas das prazas vacantes. A este respecto, a dirección da Escola poñerase en contacto coas familias.
Este prazo tamén se habilita para as persoas adultas que desexen matricularse na Escola.
Tanto a matrícula como a reserva de praza poderán entregarse de forma presencial no Pazo Emilia Pardo Bazán de 8,30 a 14,30 h ou no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Máis información aquí