Concello de Sanxenxo - A AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN ACOLLE A PROXECCIÓN “XELA ARIAS. POETAS NAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Auditorio Emilia Pardo Bazán acolle a vindeiro venres, ás 20 horas, a proxección do documental “Xela Arias. Poeta nas marxes”. Esta é a proxección número 30 deste programa que percorreu diferentes municipios de Galicia dende o mes de maio.Esta iniciativa enmarcase dentro da programacións institucional para conmemorar as Letras Galegas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ao longo do ano co fin de difundir a figura da autora, editora e docente por toda a xeografía galega.

O documental, de trinta minutos de duración, percorre a vida e obra da poeta a través dos testemuños de Marga do val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, tanto dende unha visión académica como o impacto que tivo na vida cultural galega. 

A proxección está dirixida a tódolos públicos dende os 12 anos e se celebrará un coloquio cos asistentes.Na proxección se contará coa presenza da directora do documental, Beatriz Pereira.

0
0
0
s2sdefault