Concello de Sanxenxo - SANXENXO HABILITA NO PARKING DE NAUTA UN PUNTO DE RECOLLIDA DE AXUDA HUMANITARIA A UCRAÍNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Sanxenxo súmase á onda solidaria con Ucraína habilitando a partir de mañá un punto de recollida de axuda humanitaria no parking de Nauta. As persoas que desexen colaborar poderán facelo durante as 24 horas do día con produtos de primeira necesidade e alimentos que desde a comunidade ucraína están a demandarse.

ACTUALIZAMOS!!! Notifícasenos que nestes momentos hai un exceso de roupa e mantas, así pois, non se vai a recoller polo de agora este tipo de equipamento para poder priorizar o envío doutros produtos. Tamén se pide evitar os envases de vidro.

O material almacenarase en caixas de cartón que facilitará a Mancomunidade do Salnés que se encargará tamén do desprazamento ata a sede da empresa Fundiciones Rey situada en Vilagarcía que se está encargando de levar o material ás fronteiras do país ucraíno.

A listaxe de produtos necesarios que se recollerán neste punto divídense en:

  • Medicamentos: Paracetamol, Ibuprofeno, Nolotil, Enantyum, Tramadol, Frenadol, Desenfriol, Angiodrox e Carbón Activo.

 

  • Material sanitario: Solucións de infusión (solucións físicas, aminocaprocanos, substitutos do sangue), material de sutura anestésica e hemostática, preferiblemente kits con agullas, esponxas hemoestáticas (polo menos un par de pezas), sistemas de goteo, xiringas, toallitas con alcol, algo para intubación (polo menos un xogo cunha bolsa de ambu), mantas térmicas, hamacas, manguito de isquemia, termómetros, pulsímetros, emplasto adhesivo e bolsas para médicos.

 

  • Outros materiais: Esterillas, sacos de durmir, mantas, lanternas, mochilas resistentes, cueiros para adultos, cargadores portátiles, alargadores e móbiles usados.

 

  • Alimentos: Potitos, alimento infantil non perecedoiro e alimentos para adultos listos para abrir e comer.

Sanxenxo pon, tal e como se anunciou este luns na declaración institucional de apoio a Ucraína lida ao comezo do Pleno extraordinario, todos os recursos para acoller cidadáns ucraínos, así como a axuda humanitaria que resulte necesaria.

0
0
0
s2sdefault