Concello de Sanxenxo - SANXENXO PROPÓN LEVAR AO CULTURGAL A FESTA DO JATO DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

A Concellería de Cultura, dirixida por Paz Lago, formalizou esta mañá ante a Deputación de Pontevedra a proposta de Sanxenxo para participar no Culturgal co proxecto da Festa do Jato da man da asociación Rúa dos Viños de Portonovo. A cita enmárcase dentro das actividades programadas para o Entroido, celebrándose sempre o segundo sábado despois do Mércores de Cinza.

A Festa do Jato xurde cun grupo de amigos que se xuntaban para unha comida anual aproveitando a celebración do Día Internacional do Jato, tomando como referencia esta data porque históricamente aos habitantes de Portonovo se lles conoce co alcume de jatos e jatas.

No 2015, este grupo de amigos xunto cos donos dalgúns dos locais da zona de viños decidiron levar esta  celebración  á  rúa  e  convidar  aos  seus  veciños  a  participar  nunha  xornada  de  festa disfrazados de gatos. Ano tras ano foi aumentando a participación tanto dos locais coma dos veciños convertíndose nunha festa máis do pobo á que tamén acude xente doutras vilas e convertíndose nun referente dentro das celebracións do Concello de Sanxenxo.

Esta festa comeza sempre cunha carreira de "ghatiñ@s detrás do rato" na que os nenos e nenas disfrazadas de gato corren detrás dun rato pola Rúa dos Viños tentando darlle caza. Ao remate desta actividade entrégaselles unha medalla a cada participante e unha bebida. A continuación, dá comezo a batucada durante todo o día e polas distintas rúas mentras os locais da Asociación Rúa dos Viños reparten churrasco entre os seus clientes con cada consumición.

Tamén hai animación infantil con pintacaras e obradoiros para que a diversión e a festa englobe a toda a familia. Hai concurso de disfraces en categoría adultos e categoría infantil. Cada ano veñen un convidados especiais como Brais Doval, Isi, Baia Fernández, Pepo Suevos, Marcos Pereiro... que axudan na promoción da cita.

0
0
0
s2sdefault