Concello de Sanxenxo - SANXENXO FALA ENCHE DE CULTURA O MUNICIPIO DURANTE O MES DE MAIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

A Lanzada de Maio é unha das novidades da programación que terá lugar os días  20 e 21 e porá en valor a súa lenda e valor patrimonial

concelleira de Cultura, Paz Lago, xunto aos colectivos do municipio presentaron no Pazo Emilia Pardo Bazán,a programación de Sanxenxo Fala co que se invita a vivir a cultura no municipio durante todo o mes de maio. Ademais, aproveitouse a ocasión para presentar o  vídeo “ChisPÚN!” da actividade organizada pola asociación  Abiñadoira no Sanxenxo Fala 2022, e que  contou  coa participación especial de Xurxo Fernández e o seu tema “Ergue a xouva” e de  das agrupacións folclóricas do  concello: Os Gatiños de Portonovo, Lembranza de Portonovo, Soalleira de Dorrón e Airiños da Lanzada.

Este ano  As actividades arrancan un día antes, o 30 de abril, co Concurso de Maios organizado pola Asociación de Veciños de San Cristóbalo vindeiro 1 de maio co Festival dos Maios na praza do mercado de Portonovo, ás 17 horas, e no que se repartirán 500 euros. O mes dará comezo co xa tradicionalFestival de Maios do CCD Sanxenxo cunha exposición na Praza dos Barcos e un concurso de coplas con  3 premios de 300€, 250€, 200€, para finalizar cunha festa infantil. O 4,5, 8 e 9 de maioachegamoso  Sanxenxo   Fala aos centros educativos a través do teatro coa obra “Unha galaxia chea de letras galegas”. 7

Os gatiños de Portonovo  orgnizan o I Encontro de Labores, 6 de maio celebrarase de 17 a 21 horas, na Praza do Mercado.

A Asociación Cultural Soalleira de Dorrón e o  Concelllo  de Sanxenxoorganizan o vindeiro 7 de maio o tradicional Concurso de Música Tradicional Soalleira.Que chega a súa  V edición pasando  a ser un evento plenamente consolidado na programacion cultural de Sanxenxo e recoñecido  a nivel  autonómico  dentro dos festivais e concursos de música tradiconal.Contará con exhibicións abertas ao público de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 no Auditorio de Emilia Pardo Bazán. Repartiranse 3.500 euros en premios.

O venres 12 de maio Vero Rilo levará ao auditorio a narración oral “Re(amar), memorias do salitre”, ás 19 horas.

Dorrón retoma, no entorno da Casa de Cultura de Dorrón, Festa da Ourella  13 e 14 de maio, condegustación de pratos tradicionais como ourella e churrasco. Haberá tamén actividades culturais e música

O 17 de maio Día das Letras Galegas, o acto institucional, terá como  protagonista á figura do  homenaxeado este ano a Franscisco Fernández Del Riego coa actuación de Abiñadoira na Praza de Pascual Veiga, ás 12 horas: Pola tarde, a Coral Polifónica Santa María Adina e os Gatiños de Portonovo celebrarán o Festival das Letras Galegas no CEIP  Portonovo  .

O venres 19 de maio, ás 20 horas, terá lugar o obradoiro de múica represaliada a cargo de Xurxo Souto, no Pazo de Emilia Pardo Bazán. O Garaxe Hermético realizará o obradoiro “A memoria histórica en viñetas”, os días 19 e 20 de maio, ás 18 horas, no auditorio.

O entorno da Capela da Lanzada acollerá nesta edición do Sanxenxo Fala unha das novidades da programación “A Lanzada de Maio” os días 20 e 21 de maio cunhas xornadas de posta en valor do rito das Nove Olas e da  historia que ten este   este máxico lugar  . A actividade dará comezo o sábado, ás 16 horas, cun mercado artesanal coa actuación de Airiños da Lanzada. Durante a tarde haberá un contacontos infantil, un xogo de pista infantil, unha visita guiada dramatizada de Aturuxo Teatro e Úrsula Teatro, “O que viu o Cormorán”. Tamén se presentará o libro de J. Prieto. Como todos os anos nunha das actividades desta programación colaboran todos os grupos locais, así  a partir das 20:30h  poderemos desfrutar das danzas e música tradicional de lembranzas, Os Cruceiros, Os Gatiños e Soalleira. Pola noite, ás 22:30 horas haberá unha representación das 9 olas, Cantos de Taberna co grupo Os Firrás e a partir de medianoite haberá unha representación da queimada por Tatana Teatro. 

O domingo continuará a actividade pola mañá.Neste caso serán os actos relixiosos os que tomen o protagonismo, non faltando  a música tradicio e de taberna con Airiñños da Lanzada, Abiñadoira e Retesías

O 21 de maio pech programación co Festival das Letras  Galegas +Que Cantigas, ás 20 horas, no Pazo do Revel.

0
0
0
s2sdefault