Concello de Sanxenxo - DORRÓN RENDE TRIBUTO Á ORELLA CON CACHELOS ESTA FIN DE SEMANA NA III FESTA DA ORELLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

A cita gastronómica terá lugar na explanada exterior da Casa de Cultura da parroquia baixo unha carpa

 

A orella con cachelos será a protagonista esta fin de semana na parroquia de Dorrón que celebra a súa terceira edición da Festa da Orella. A cita gastronómica regresa, tras o parón obrigado pola pandemia, á explanada exterior da Casa de Cultura. As primeiras tapas empezarán a servirse ás 12 horas deste sábado, en sesión de mañá e de tarde, e ata o mediodía do domingo. O menú complétase con churrasco (10€), empanada (5€), calamares (8€), chourizos (2€) e mexillóns (5€). Tamén haberá bebidas variadas (Viño, auga e refrescos) e tarta de mazá.

A comisión de festas de Dorrón confía en que a cita volva ser un éxito de asistentes como nas dúas edicións anteriores. Tampouco faltará a música. Unha actuación de Soalleira inaugurará a cita e, pola noite, o Trío Azabache encargarase de amenizar a velada. O domingo, ao mediodía, Javi Solla tomará o relevo para animar a todo o recinto da festa.

Durante os dous días de festa haberá sorteos sorpresas entre os asistentesá cita gastronómica.

0
0
0
s2sdefault