Concello de Sanxenxo - ACTO DE INAUGURACIÓN OBRADOIRO DE HOSTALERÍA DO SALNÉS XV
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

O obradoiro de emprego “Hostalería do Salnés XV”, promovido pola Mancomunidade do Salnés e subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, celebrou hoxe xoves, día 14.12.2023 o acto de presentación da súa décimo quinta edición. 

Ao acto acudiu a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez Barral; a concelleira de economía e persoal do Concello de Sanxenxo, Paula Martínez e o xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón García Guinarte. 

A súa data de inicio foi o día 24.11.2023 e esta nova edición, que será de 12 meses, estáse a realizar nas novas instalacións que a Mancomunidade do Salnés habilitou na Rúa Ourense do Concello de Sanxenxo. 

A Mancomunidade do Salnés seleccionou coidadosamente a 20 participantes entre máis de 100 candidatos/as interesados/as, destacando o seu compromiso coa formación nas especialidades de Cociña e Restaurante-Bar. 

Dende os seus comezos no 2005, o Obradoiro de Emprego Hostalería do Salnés contribuiu á formación de casi 500 profesionais nun dos sectores máis demandados na actualidade. Este ambicioso proxecto representa unha oportunidade para o desenrolo profesional e persoal dos participantes. 

Durante os vindeiros 12 meses, o alumnado traballador recibirá unha formación teórica e práctica así como se involucrará activamente na comarca do Salnés, traballando para os diferentes concellos con accións tales coma: 

- Promoción do turismo gastronómico mediante a organización de xornadas de degustación dos pratos típicos da Comarca do Salnés. 

- Promoción dos bos hábitos alimenticios en colaboración cos centros de ensinanza da Comarca do Salnés. 

- Colaboración co Comedor Social de Cáritas – Vilagarcía de Arousa e AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer). 

- “Showcookings 1x1 = 9” en diferentes concellos da comarca do Salnés e na feira de produto gourmet galego Etiqueta Negra, entre outros. 

Con esta XV edición, a Mancomunidade de O Salnés reafirma o seu compromiso coa excelencia na formación e o impulso de oportunidades laboráis no ámbito da hostalería e contribúe ao desenrolo da comarca 

Obradoiro de Hostalería do Salnés XIV 

0
0
0
s2sdefault