Concello de Sanxenxo - O Goberno consegue aforrar 105.825 € nas obras do parque empresarial e cumpre así o primeiro prazo da súa posta en marcha
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Fai tres semanas o goberno sacou a licitación as obras pendentes do parque empresarial. Hoxe, logo da avaliación das ofertas presentadas, foron adxudicadas. Cumprindo así o compromiso de licitación e adxudicación das obras do parque en 2 meses a partir do 22 de febreiro, data na que o acordo da asemblea dos propietarios foi rexistrado no Concello.

As obras licitadas foron valoradas polos técnicos, no documento que se proporcionou aos propietarios do parque, en 367.533€. O goberno, sacounas a licitación por 312.413€, que xa supuxo un aforro de 55.120€respecto á cantidade prevista inicialmente. Finalmente, os cinco proxectos foron adxudicados por un importe total de 261.679€, o que supón un aforro total de 105.855€.

Como resultado, os propietarios do parque terán que poñer menos diñeiro do previsto inicialmente. O goberno non descarta que se poidan producir novos aforros con respecto aos 638.000€, máis aló do diñeiro do aval, que inclúe o acordo entre propietarios e Concello.

O segundo compromiso do acordo de posta en marcha do parque empresarial, contempla un prazo de catro meses (ata o 22 de xuño) para a execución das obras que hoxe se adxudicaron. Posteriormente, hai un terceiro prazo de 2 meses máis para que o Concello formalice a entrega do parque aos seus propietarios.

PROXECTOS ADXUDICADOS

1.  Servizo de limpeza de estradas, beirarrúas e zonas verdes do parque empresarial, adxudicado á empresa Viasalnes, por un importe de 34.249€.
2.  Reparación de estradas, beirarrúas e senda peonil da zona verde do parque empresarial de Nantes, adxudicada á empresa COVSA por un importe de 71.953 €.
3.  Reparacións na rede de abastecemento de augas residuais, de augas pluviais e abastecemento de auga adxudicado á empresa Espina y Delfín, por importe de 119.373 euros.
4.  Reposición da instalación de iluminación outorgada á empresa Setga por importe de 4.859 €.
5. Reposición da sinalización horizontal e vertical concedida á empresa Acad viaria por un importe de 31.244 €.


Descargas:
Download this file (IMG_7716.JPG)IMG_7716.JPG[IMG_7716.JPG]
0
0
0
s2sdefault