Concello de Sanxenxo - O venres pechou a oficina do catastro instalada en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O venres pechou o punto de información catastral instalado no Usos Múltiples de Portonovo, con un total de 1120 persoas atendidas. A partir desta semana se algún veciño está interesado en solicitar algunha información ou aclaración sobre o tema poderá acudir ao departamento do Catastro do Concello.

A Dirección Xeral do Catastro, fixo ao longo do exercicio 2017 unha revisión dos inmóbeis urbanos en Sanxenxo. E, como esta revisión é algo que depende e que realiza o Catastro, o Concello solicitou a instalación dunha oficina de información, co obxectivo de facilitar as xestións e proporcionar asesoramento aos veciños, para que puidesen solucionar calquera dúbida referente a esta revisión. 

 

Descargas:
Download this file (imagen.jpg)imagen.jpg[imagen.jpg]
0
0
0
s2sdefault