Concello de Sanxenxo - III encontro Galicia Brass Band infantil
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte remataba o III Encontro Galicia Brass Band Infantil, a primeira das xuntanzas na que os participantes tiñan idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos.

Un ano máis as expectativas víronse superadas alcanzando unha cifra de máis de 70 rapaces e rapazas participando no encontro.

O día 7 de abril, tivo lugar a primeira toma de contacto coas partituras, traballando con mestras de todas as especialidades, Elena Regueiro (tuba), Beatriz González (trompeta), Desirée Gómez(Trompeta), Eva Paola Bermúdez(trombón), Cristina García (trompa), Carla Figueroa (percusión). Dende a organización do evento están moi agradecidos xa que estas persoas o fixeron de forma totalmente desinteresada. “Nesta ocasión quixemos que foran todas mulleres desmitificando o feito que os instrumentos de vento-metal son instrumentos preferiblemente de homes, cousa na que estamos  en total desacordo.”

Este fin de semana celebráronse unhas xornadas de intenso traballo, pero tamén de desfrute e de lecer, con charlas sobre o mantemento dos instrumentos de vento-metal a cargo de Vicente Castro, sesión de xogos populares, e tamén música, moita música nos ensaios xerais.

O III Encontro rematou con unha sensación de traballo ben feito, esperando ter plantado unha pequena semente no seu interior, que eles pouco a pouco con traballo, sacrificio e constancia se convertan en músicos apaixonados polo que fan.

O encontro remataba con una pequena mostra do que cada un dos rapaces é capaz de facer, a pesares de levar moi pouco tempo tocándoos, nalgún caso menos dun ano.

A Escola de Música Municipal e o Concello de Sanxenxo queren mostrar o máis profundo agradecementos a todas aquelas persoas que fixeron posible este encontro, participantes, mestres colaboradores, patrocinadores, membros da organización da Galicia Brass Band, etc.


0
0
0
s2sdefault