Concello de Sanxenxo - O Goberno entregou o proxecto da Carabuxeira a Costas para a súa avaliación ambiental
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Tras a última reunión entre as tres administracións implicados na rexeneración da zona Carabuxeira, Costas, Portos e Concello, o Goberno solicitou nunha reunión coa xefe provincial Costas, Cristina Paz Curbera, o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratexia simplificada,

Para iso, entregouse o documento de inicio do procedemento e o proxecto de construción para a rexeneración da praia e as súas obras de acceso.


Lembrar que este proxecto definitivo de rexeneración pretende cumprir catro obxectivos:

1. Que a superficie seca da praia sexa igual á primitiva.

2. Que a acción sexa definitiva.

3. Que a area de achega sexa semellante á actual para manter o perfil da praia. Serán necesarios uns 24.000 m³ de area aproximadamente.

4. Que a estrutura de contención que coide o escape da area, teña o menor impacto posible


0
0
0
s2sdefault