Concello de Sanxenxo - A Sociedade Española de Medicina de Urxencias y Emerxencias, SEMES Galicia, formará en reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico a máis de 300 alumnos/as do concello de Sanxenxo.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Estas xornadas de formación son a continuación da iniciativa que tivo lugar o curso pasado no IES Vilalonga.

Despois da exitosa e satisfactoria experiencia co alumnado do IES Vilalonga no curso pasado, o Concello de Sanxenxo quixo entender este ano as xornadas aos dous centros que imparten Educación Secundaria Obrigatoria. 

As xornadas van dirixidas ao alumnado de 1º da ESO e, no caso do IES Vilalonga, tamén 1º de Bacharelato e os 1º cursos dos Ciclos Formativos. Desta maneira e coa continuidade do programa nos vindeiros anos todo o alumnado terá as nocións básicas para recoñecer una parada cardiorrespiratoria, alertar aos servizos de emerxencias e iniciar as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP). 

A actividade será impartida por médicos, enfermeiros e técnicos de SEMES Galicia, coa colaboración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE). Este persoal trasladarase ós centros educativos de xeito que o xoves 19 as xornadas terán lugar no IES Sanxenxo pola mañá e no Colexio Abrente pola tarde.O venres 20 pola mañá no IES Vilalonga. 

Nunha parada cardiorrespiratoria, cada minuto que pasa sen atención, o prognostico de supervivencia diminúe un 10%. Os esforzos encamiñados a educar á poboación no recoñecemento dos síntomas e na activación precoz do sistema de emerxencias, xunto coa promoción do coñecemento da RCP entre as persoas que poderían intervir en primeiro lugar ante esta situación, é polo tanto clave para mellorar a supervivencia da parada cardiorrespiratoria.

A concelleira de educación, Paz Lago, considera “moi necesaria esta formación dende as idades máis temperás,  pois ante unha situación deste tipo unha pronta e rápida actuación pode chegar a salvar vidas”. 

0
0
0
s2sdefault