Concello de Sanxenxo - Fin de semana de teatro no Municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA DOUS CANS PRECIOSOS

O próximo venres terán lugar dúas representacións da obra teatral "Señora que pasea pola rúa dous cans preciosos". Unha obra de María Victoria Moreno, autora conmemorada este ano con motivo das Letras Galegas.

A primeira das representacións será ás 12,00h. para alumnado dos IES do municipio e a segunda será ás 21.00h. destinada ao público en xeral. 

A entrada será de balde ata completar o aforo do auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán. Esta é unha obra recomendada para maiores de 14 anos. 

Esta representación forma parte do programa FalaRedes 2018, promovido dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


OS TRASTOS DE SINDO

Este sábado finaliza a programación de teatro dos meses de marzo e abril. E para poñer punto e final a este ciclo de teatro, o grupo de teatro do Club de Xubilados de Portonovo interpretará “Os trastos de Sindo”, unha comedia para todos os públicos. 

Sindo e Elvira son os pais de Loliña, unha moza casadeira. Ela namórase de Marcelino, un veciño do pobo que estivo emigrado en Arxentina e aparenta ter moitos cartos. Pero Sindo, o seu pai, ten outros plans para ela. 

O prezo da entrada é de 3 euros e poderán adquirirse unha hora antes de comezar o espectáculo no Pazo Emilia Pardo Bazán.


Descargas:
Download this file (CARTEL.jpg)CARTEL.jpg[CARTEL.jpg]
Download this file (Teatro. Señora que pasea pola rúa.jpg)Teatro. Señora que pasea pola rúa.jpg[Teatro. Señora que pasea pola rúa.jpg]
0
0
0
s2sdefault