Concello de Sanxenxo - A mellora económica do Concello permite suprimir medidas restritivas de gasto incluídas no plan de axuste
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Goberno convocou a Comisión de Contas para o próximo luns 23 de abril para tratar una modificación de crédito e a supresión dalgunhas limitacións que estableceu o plan de axuste. Medidas que posteriormente serán levadas a un Pleno extraordinario que se celebrará o xoves 26 de abril. 


AMORTIZACIÓN DE DEUDA 

Dos 2,3 M€ de remanente de tesourería positivo do 2017, vanse destinar, tal e como establece a lei de estabilidade presupostaria 771.080€ para a amortización de débeda e o resto, para inversión sostible.


MODIFICACIÓN NO PLAN DE AXUSTE

O Goberno quere aprobar varias modificacións no plan de axuste. A primeira ten que ver co pago das gratificacións do persoal do Concello onde se destinan 23.000€ para a policía local.


O 10 de xaneiro o alcalde firmou una proposta para o pago á policía local polo traballo realizado o pasado verán. Una medida que permitiu mellorar substancialmente a seguridade na movida nocturna,


A proposta do alcalde, una vez informada polo interventor, remitiuse para a súa aprobación ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que contestou favorablemente o pasado 27 de marzo. Agora levarase á Comisión de Contas e, posteriormente, ó Pleno para a súa aprobación definitiva.


Entre as modificación tamén se inclúe a supresión dalgunhas restricións do plan de axuste. Nalgúns casos porque xa se realizaron, como é a absorción do persoal de limpeza e conserxería dos colexios, o que permitiu un aforro anual de 400.000€. E outros que permitirán recuperar, a partir do 2019, partidas que suman 243.000€.

Estes 243.000€ estarán repartidos para actividades extraescolares (70.000€), programa de adultos (32.500€), programas da terceira idade (38.000€), trasporte de adultos (3.000€) e festas populares (100.000€). Conceptos que estaban restrinxidos por el plan de axuste. 


Tamén se suprime a redución das estruturas organizativas, o que permite destinar 30.240€ para gastos de grupos políticos. O Goberno entende que é hora de que Sanxenxo aprobe unha medida que hai tempo puxeron en marcha outros concellos galegos, especialmente aqueles cuxa xestión é complexa e require máis dedicación e medios por parte dos grupos políticos con representación na Corporación. 


Hai que recordar que o actual Goberno composto por 11 concelleiros supón un aforro de 49.000€ anuais respecto ó coste do  cuadripartito de inicio de lexislatura. E un aforro de 135.000€ con respecto á lexislatura do ano 2012, ano no que se aprobou o plan de axuste. 


MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 

O Goberno tamén propón una modificación de crédito de 218.363€ para o pago de gasto de avogados. 138.070€ destínanse para o pago de gastos de interposición do recurso de apelación do solo urbanizable nº13 de Monte Faro.


Os 80.293€ restantes para os gastos derivados da defensa de políticos e técnicos que foron inicialmente imputados na pasada lexislatura e finalmente absoltos. Solicitaron o pago dos gastos de defensa una vez que foron absoltos, xa existe una sentenza firme que obriga ao Concello a facerse cargo deses gastos. 


0
0
0
s2sdefault