Concello de Sanxenxo - Alumnado do CEIP O Cruceiro visita a biblioteca de Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un grupo de 70 nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP O Cruceiro visitaron a biblioteca de Vilalonga. 

Esta visita forma parte do programa “Coñece a túa biblioteca”, ofertado pola Concellería de Cultura e Educación a tódolos centros educativos do Municipio. 

Estas visitas adáptanse en función da idade dos participantes. Por iso a de hoxe foi unha primeira toma de contacto ao uso das bibliotecas e os nenos e nenas puideron desfrutar de un contacontos e de actividades relacionadas coa busca de libros e representación dos mesmos . 

Logo destas visitas, a rede de bibliotecas do municipio aprecia o resultado das mesmas co aumento do número de altas en usuarios. Ademais pretenden ser unha iniciativa que fomente o uso e desfrute destes espazos dende as idades máis temperás. 

Descargas:
Download this file (Visita Biblioteca.jpg)Visita Biblioteca.jpg[Visita Biblioteca.jpg]
Download this file (Visita Biblioteca2.jpg)Visita Biblioteca2.jpg[Visita Biblioteca2.jpg]
0
0
0
s2sdefault