Concello de Sanxenxo - Continúa a remodelación do Parque de San Roque
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras de remodelación do parque de San Roque continúan esta semana.

Cun orzamento de 17.400 €, estase realizando unha remodelación completa do parque, así como a substitución e instalación da nova luminaria no recinto.

Deste total, 12.100 € destináronse a eliminar un elemento de xogo rotativo e trasladouse a un vertedoiro porque xa non era posible reparalo. Ademais, reparouse un equipo de xogo cominado grande e outro pequeno. Tamén se reparou un balancín e, no pórtico, substituíuse o lateral dun columpio. 

No parque hai dous elementos de xogo novos para os máis pequenos, o Asento Poliño e o Remolino.

Toda a terra foi nivelada e  estase colocando céspede artificial de 25 mm. 

Por outro lado, cun orzamento de 5.300 €, retirouse a iluminación existente e o cabezal foi adaptado a un novo de led. En concreto, instalaranse 11 novas unidades.

Dende a Concellería de Medio Ambiente, destacan "a necesidade de renovación e modernización deste parque, xa que presentaba un estado de abandono e perigosidade avanzado".

Descargas:
Download this file (San Roque.jpg)San Roque.jpg[San Roque.jpg]
0
0
0
s2sdefault