Concello de Sanxenxo - Sanxenxo aprobará bonificacións fiscais do 95% para atraer empresas e fomentar emprendedores
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno leva a comisión o luns e ao pleno do xoves a sinatura dun convenio cona consellería de Industria, dentro do programa "Concellos doing bussiness Galicia". O obxectivo é atraer empresas, industrias e fomentar o emprendemento entre os cidadáns de Sanxenxo.

Para isto, vaise proceder á modificación das ordenanzas fiscais coa aprobación de bonificacións de ata o 95% do imposto sobre bens e inmobles (IBI), do imposto de actividades económicas (IAE) e do imposto de construcións, instalacións e obras. (ICIO).

Loxicamente, para beneficiarse destas reducións tan considerables de impostos, as empresas e os emprendedores teñen que cumprir unha serie de requisitos, entre os que destaca a creación de novos postos de traballo.

A adscrición a este convenio permitirá, unha vez finalizadas as obras de urbanización do parque empresarial Nantes, converter este espazo nun lugar máis atractivo para a creación e inversión das empresas.

  

CONVENCIÓN APLU

O goberno tamén propón a sinatura dun acordo coa APLU para a aplicación da disciplina urbanística exclusivamente nas zonas rurais. De maneira que, a partir da sinatura do convenio, será a APLU a que se encargará da vixilancia do cumprimento da lexislación urbanística, do PXOM e da lei do chan de Galicia.

 

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA TRIBUTARIA DE TELEASISTENCIA

O goberno propón a modificación da ordenanza fiscal de teleasistencia, o que vai a supoñer un custo menor para os usuarios deste servizo.

Ata o momento, en base a un convenio asinado coa Deputación en 2012, o custo deste servizo distribuíuse a razón do 33% cada unha das tres partes, Deputación, Concello e usuario. A partir de agora, o reparto será do 50% da Deputación, do 25% do Concello e do 25% do usuario. Polo tanto, os veciños que reciben este servizo terán unha redución do 8% do seu custo.

Esta mellora no prezo redundará nos veciños. Hai que recordar que Sanxenxo destaca en Galicia polo gasto social por habitante que é de 84 euros, por encima da media nacional de 66€ por habitante e de cidades como Pontevedra con 35€ e Vigo con 42€. Datos que proceden dun recente estudo da asociación de directoras e xerentes de servizos sociais en España.

 

0
0
0
s2sdefault