Concello de Sanxenxo - Xornadas en reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico a máis de 300 alumnos e alumnas do Municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Logo das xornadas de formación realizadas o ano pasado no IES Vilalonga, este ano tomouse a decisión de trasladalas tamén aos demais centros que imparten Ensinanza Secundaria Obrigatoria no concello, o IES Sanxenxo e o Colexio Abrente.

 

Estas xornadas estiveron dirixidas ao alumando de 1º da ESO e, no caso do IES Vilalonga, tamén 1º de Bacharelato e os 1º cursos dos Ciclos Formativos. O obxectivo das mesmas e conseguir que o alumnado dispoña dunhas nocións básicas para recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, para poder alertar aos servicios de emerxencias e iniciar as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP).

Poñer en posición lateral a unha persoa con dificultades respiratorias ou practicar unha reanimación cardiopulmonar, foron algunhas das cousas que o alumnado dos tres centros educativos puido aprender ao longo desta semana.

Para o desenvolvemento desta actividade foi imprescindible a colaboración dos médicos, enfermeiros e técnicos de SEMES Galicia, coa colaboración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE).

Centros e concello están enormemente agradecidos pola dispoñibilidade e participación prestadas por estes profesionais. E ademais o goberno quere mostrar o seu agradecemento o Obradoiro de Hostelería do Salnés e ao Hotel Galatea pola colaboración prestada para o aloxamento e comidas do persoal participante nas xornadas.

A morte súbita debida a un paro cardíaco é unha das primeiras causas de morte a nivel mundial. A execución da RCP por parte das testemuñas do momento é determinante para a supervivencia á hora de asistir a un paro. Por consecuencia considérase indispensable educar á poboación neste tipo de técnicas e empregar aos centros escolares como medio de propagación das mesmas.

 

0
0
0
s2sdefault